Monday 29 de April de 2024

O Atlética A Silva-Ordes sobe por primeira vez ao podio do Campionato Galego por Equipos, á par que suma novos ouros e pratas nacionais en lanzamento


 

O Club Atlética A Silva-Ordes conseguiuno. Por primeira vez conseguiron subir ao máis alto do podio no Campionato Galego por Equipos, que tivo lugar esta pasada fin de semana en Lugo. Aínda que con representación en todas as categorías foron os benxamíns masculinos os artífices deste magnífico triunfo.

A emoción aumentou para eles no momento da entrega dos trofeos, xa que viñeron da man de dous grandes do atletismo español como son Abel Antón, dúas veces campión do mundo de Maratón, e Fermín Cacho, campión olímpico na proba dos 1.500 metros dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Ánxeles Rodríguez e Ana Abuín
Por outra banda, no Campionato de España Máster de Lanzamentos, que tivo lugar na localidade catalá de Gavá, Ánxeles Rodríguez del Río e Ana Abuín foron as responsables de defender a boa fama do club. Alí Ánxeles Rodríguez engrosou a súa ampla colección de éxitos nacionais, colgándose outro ouro, nesta ocasión na categoría Héptatlon F60. Pola súa banda, Ana Abuín acadou a prata en Péntatlon Lanzamentos F55.